A Cabeciña

Do Bronce Final á Idade do Ferro

A aparición dos castros

Entre o Bronce Final e a Idade do Ferro prodúcense unha serie de mudanzas de diferente tipo entre as que podemos salientar a modificación do modelo de hábitat anterior, que dá paso á aparición dos castros. Este novo modelo de ocupación do territorio constitúe a primeira paisaxe fortificada visible e dominante na paisaxe.

Estes cambios están relacionados coa decadencia da sociedade xerarquizada precedente e coa aparición de novas tecnoloxías e materiais como o ferro, que supoñen un gran cambio e modifican a vida destas persoas.