A Lanzada

O comercio na Antigüidade: do Mediterráneo ao Atlántico

Un emporio comercial

Atopámonos ante un punto comercial de longa duración que continuará crecendo co paso dos séculos e coa introdución do NW dentro dos circuítos comerciais do mundo antigo que, dende o Mediterráneo, se estenderon pola fachada atlántica peninsular.

Aquí chegaron materiais procedentes de zonas tan afastadas como a actual Palestina, Tunes, a Península Itálica, Sardeña, Eivissa ou o sur da Península Ibérica.

É un lugar de intercambio de mercadorías e, á vez, un punto de encontro entre culturas, ideas e persoas.