A Subidá

A metalurxia

Algo máis ca mar

A súa proximidade ao mar e aos «concheiros» documentados nas escavacións arqueolóxicas fálannos dunha economía complementada coa pesca e o marisqueo, aínda que a súa base sería agrícola e gandeira. A importancia da agricultura queda patente coa documentación dun celeiro para a almacenaxe da produción cerealista. Este celeiro contaba cun sistema de canalización das augas pluviais para evitar que estas estragasen os produtos almacenados no seu interior.