Adro Vello

De factoría a mosteiro…?

Patrimonio cultural e natural

O valor deste xacemento reside na súa longa secuencia histórica de uso e en que, ademais, a zona arqueolóxica de Adro Vello presenta unha variada tipoloxía de elementos do patrimonio cultural e natural, como o castro do Castriño, antigas fábricas de salgas, hórreos, cruceiros, igrexa parroquial construída con algúns materiais da antiga igrexa de Adro Vello ou a casa reitoral.

Atópase no Espazo Natural Complexo Ons-O Grove, dentro da Rede Natura 2000, baixo a categoría de zona de especial protección dos valores naturais.