Castro de Toiriz
Lendas populares
O imaxinario popular galego
O castro non foi escavado, pero posúe un valor patrimonial intanxible moi importante O castro é protagonista de numerosas lendas que dotan o lugar dun misticismo especial. É un espazo para achegarnos ao «mundo dos mouros e as mouras» e coñecer o imaxinario popular galego. A parte superior do castro é coñecida como «Eira dos Mouros», xa que alí se aparece todas as noites unha moura ou muller fermosa cunha tenda, e ao que por alí pasa lle pregunta que quere da tenda. En ocasións adopta a forma de serpe e é quen a trocar todo o castro en ouro.
![](/documents/215746/215974/castro-de-toiriz_3_B-1.jpg/125f4961-9887-56ef-c7bd-f62746ac46d2?t=1661850501909)
![](/documents/215746/215977/castro-de-toiriz_3_C-1.jpg/f643b7da-7bc0-7338-d010-f69e4c045239?t=1661850502505)
![](/documents/215746/215980/castro-de-toiriz_3_D-1.jpg/90ff0c0c-dd1b-c3c0-50fb-948a687f2719?t=1661850502996)