Castro de Troña
Saefes e oestrimnios
O culto ás serpes
Os saefes e os oestrimnios foron uns pobos míticos que, segundo algúns escritores clásicos, habitaron o noroeste peninsular. No castro consérvase unha pedra cun gravado serpentiforme. Esta pedra está rodeada de mitos e lendas que forman parte do folclore galego e que nos lembran as prácticas rituais destes pobos lendarios. Sobre esta pedra poida que tivesen lugar sacrificios en honra á serpe, símbolo da fertilidade e protectora dos habitantes do castro.