Igrexa Vella

Lugares da memoria

De pequena igrexa a mosteiro

O primeiro edificio data do século V. Co tempo irá evolucionando e facéndose máis complexo. Por documentos antigos sabíase da presenza dunha pequena igrexa e dun mosteiro de fundación altomedieval, que foi desmantelado no século XVIII para construír a actual igrexa de Santa Comba de Louro. O propio nome do xacemento, Igrexa Vella, fai referencia ao recordo de igrexa que existiu aquí e que a arqueoloxía documentou.