Mercado dos Mouros

A vida á beira dun río

Unha aldea de pescadores e comerciantes

Este asentamento puido ser unha aldea de pequenas dimensións localizada nunha zona de brañas inundables na preamar. Situado na ribeira sur do río Ulla, é posible que estivese habitado de maneira puntual a fin de controlar esta importante vía de comunicación, pero tamén para desenvolver actividades propias dunha contorna fluvial, como é a pesca, que serviría de sustento a un pequeno número de persoas.