Monte do Castro

A fin dunha cultura

O grande incendio

O abandono do castro está posiblemente relacionado co grande incendio que afectou a gran parte do poboado a mediados do século I. A envergadura do incendio, documentado nas escavacións arqueolóxicas, permitiu que se conservasen grandes cantidades de cereal carbonizado como trigo, orxo ou millo miúdo, almacenados en grandes estruturas construídas en material perecedoiro. A investigación relaciona este incendio coa presenza romana, hipótese que neste caso se ve reforzada pola recuperación de elementos militares romanos.