Monte do Facho

De castro a santuario

Unha divindade galaica

As intervencións realizadas neste xacemento ofrécennos datos de interese para coñecer o mundo das crenzas na fase final da cultura galaica. Neste santuario xurdido en época prerromana o culto perpetúase polo menos ata o século IV, datación do gran conxunto de aras recuperadas. As aras estaban dedicadas ao deus lar Berobreo, unha divindade indíxena, mais nunha base romana e con inscricións latinas. Posiblemente esta divindade evolucionou co tempo e as novas crenzas a santo André, tamén un deus relacionado coa saúde, como o do Facho, e ao que lle está dedicada a igrexa próxima ao xacemento.