Obxectos de Trazas

Os traballos arqueolóxicos permitíronnos coñecer obxectos que fabricaron e utilizaron os nosos antepasados. Son obxectos que serviron para múltiples funcións; todos nos descobren aspectos fundamentais dos homes e mulleres que habitaron estas terras. Que e como comían, como se vestían, como loitaban, como se distinguían socialmente, en que crían…

null Galeria Multimedia - Objetos de Trazas

Obxectos de Trazas

Núm: 1

Obxecto: Xerra

Cronoloxia: Séculos V-I a.n.e.

Descripción: Parte superior dun recipiente tipo xerra realizado á man. Decoración impresa consistente en “S” tendidas alternando con tres liñas incisas horizontais.

Material: Cerámica

Tipoloxía: Recipiente

Núm: 10

Obxecto: Coitelo

Cronoloxia: Séculos VIII-VIN a.n.e.

Descripción: Coitelo afalcatado. Presenta fío curvo por un dos seus lados. Non conserva a empuñadura, seguramente realizada en óso ou hasta.

Material: Metal/Ferro

Tipoloxía: Armas

Núm: 11

Obxecto: Pota

Cronoloxia: Século II a.n.e.

Descripción: Recipiente de cociña realizado á man con restos de feluxe debido á súa exposición ao lume.

Material: Cerámica

Tipoloxía: Recipiente

Núm: 12

Obxecto: Pedra de toque

Cronoloxia: Idade do Ferro II (400-60 a.n.e.)

Descripción: Peza realizada sobre un canto de lutita. O seu uso está vencellado á manipulación e transformación de metais preciosos como o ouro ou a prata.
Foto: COV

Material: Pedra

Tipoloxía: Ferramenta

Núm: 13

Obxecto: Arracada

Cronoloxia: Séculos II-I a.n.e.

Descripción: ro de extremos rectos lixeiramente apuntados formado por catro fíos de sección circular soldados entre si e colocados en disposición concéntrica. Presenta un apéndice triangular.
Foto: OGV-XLA (Incipit, CSIC)

Material: Metal/Ouro

Tipoloxía: Adorno persoal

Núm: 14

Obxecto: Torta de fundición

Cronoloxia: Século I

Descripción: Torta de ouro procedente do proceso de fundición deste metal para fabricar diferentes obxectos.

Material: Metal/ouro

Tipoloxía: Metal

Núm: 15

Obxecto: Escultura antropomorfa

Cronoloxia: Séculos II-I a.n.e.

Descripción: Representación esquemática dunha figura antropomorfa. Ten esbozados os ollos, nariz e boca. Interprétase como a figura esquemática dun guerreiro ou ídolo protector do poboado.

Material: Pedra

Tipoloxía: Elemento simbólico

Núm: 16

Obxecto: Cunco

Cronoloxia: Século IV a.n.e.

Descripción: Cunco de fondo plano con decoración na cara exterior do fondo. A disposición da decoración e que non presente marcas de uso, xunto co contexto de aparición, fai pensar nun uso ritual e en que se trata dun cunco fundacional.

Material: Cerámica

Tipoloxía: Recipiente

Núm: 17

Obxecto: Pedra de toque

Cronoloxia: Idade do Ferro II (400-60 a.n.e.)

Descripción: Peza realizada sobre un canto de lutita con estilizado corpo en forma de fouce ou media lúa. Presenta un orificio nun dos seus extremos para encaixar o engaste de suspensión. Conserva a argola metálica de suspensión, constituída por unha abrazadeira e un pasador, ambos os dous fundidos en bronce. O seu uso está vencellado á manipulación e transformación de metais preciosos como o ouro ou a prata.

Material: Pedra/Lutita, Metal/Bronce

Tipoloxía: Ferramenta

Núm: 18

Obxecto: Caldeiro con remaches

Cronoloxia: Séculos IV-II a.n.e.

Descripción: Caldeiro de grandes dimensións deformado intencionadamente dobrándoo varias veces sobre si mesmo a fin de que ocupase o mínimo espazo. É un atesouramento de alto valor económico. En orixe, esta peza tería unha forte carga simbólica, pois a súa tipoloxía relaciónaa coa celebración de banquetes rituais.

Material: Metal/Bronce

Tipoloxía: Elemento simbólico

Núm: 19

Obxecto: Dolium

Cronoloxia: Século I a.n.e.

Descripción: Recipiente de grandes dimensións para almacenar cereal, posiblemente. Presenta base plana e forma globular con catro pequenas asas situadas na parte alta do corpo.

Material: Cerámica

Tipoloxía: Recipiente

Núm: 2

Obxecto: Machada de talón

Cronoloxia: Séculos VIII-V a.n.e.

Descripción: Machada de talón con dúas argolas laterais. Conserva restos do chumbo nas argolas e rebarbas laterais do molde bivalvo en que foi realizada.

Material: Metal/Aliaxe de cobre, estaño e chumbo

Tipoloxía: Armas e ferramentas

Núm: 20

Obxecto: Cunco

Cronoloxia: Séculos I a.n.e.- I

Descripción: Cunco con decoración millefiori, técnica que consistía en xuntar barriñas de vidro opaco de varias cores formando unha flor. As barriñas quentábanse, adheríanse á masa vítrea e cortábanse en finas seccións, creando unha decoración de floriñas de cores.

Material: Vidro

Tipoloxía: Recipiente

Núm: 21

Obxecto: Ánfora

Cronoloxia: Séculos I a.n.e.-II

Descripción: Recipiente para o transporte e almacenaxe de líquidos como viño, aceite ou salsas, principalmente. A súa forma, terminada nun pivote, está deseñada para facilitar poder cargala nos barcos. É do tipo Haltern 70 e foi fabricada en olarías da Bética (actual Andalucía).

Material: Cerámica

Tipoloxía: Recipiente

Núm: 22

Obxecto: Torques

Cronoloxia: Séculos II-I a.n.e.

Descripción: Elemento globular decorado con espirais entrelazadas realizadas en filigrana cun remate plano en forma de tríscele. Este está elaborado cun fino fío e granulado de ouro e rodeado dun cordón de filigrana, tamén de ouro.

Material: Metal/Ouro

Tipoloxía: Adorno persoal

Núm: 23

Obxecto: Cabeza

Cronoloxia: Séculos II-I a.n.e.

Descripción: Representación esquemática dunha cabeza antropomorfa. Ten esbozado o cabelo ou casco e marcados os ollos, nariz, boca e orellas, perfectamente definidas.

Material: Pedra/Granito

Tipoloxía: Elemento simbólico

Núm: 24

Obxecto: Puñal

Cronoloxia: Séculos VIII-II a.n.e.

Descripción: Puñal ou espada curta de fío simétrico con nervadura central moi erosionada nunha das súas caras. Conserva o espigo e os remaches da empuñadura, o que indica que esta puido estar fabricada en material perecedoiro, como madeira ou hasta. Por certas semellanzas, parece relacionarse con producións do Mediterráneo oriental.

Material: Metal

Tipoloxía: Armas

Núm: 25

Obxecto: Cunco

Cronoloxia: Séculos I-II

Descripción: Terra sigillata hispánica procedente das olarías de Tritium Magallum (actual Tricio en La Rioja). Trátase da base dun cunco ou cunca da considerada cerámica de luxo de época romana. Na parte externa do fondo conserva un graffiti co nome de PEREGRINVS, propietario ou usuario desta peza.

Material: Cerámica

Tipoloxía: Recipiente

Núm: 26

Obxecto: Cunco

Cronoloxia: Séculos I-II

Descripción: Cunco de pequenas dimensións procedente das olarías bracarenses (Braga, Portugal). Trátase dunha cerámica fina que imita formas da terra sigillata. Presenta decoración á rodiña. Unha das súas características definitorias é a súa cor, de pasta crema moi depurada e decantada.

Material: Cerámica

Tipoloxía: Recipiente

Núm: 27

Obxecto: Togada

Cronoloxia: Séculos I-II

Descripción: Figura feminina togada. A toga presenta amplos pregos verticais ata os pés, que se amosan descalzos. O manto recóllese na man esquerda e cae ata o xeonllo. As mans están fracturadas e o xeonllo dereito flexionado. Na parte posterior, sobre o ombreiro, presenta un orificio rectangular que serviría como elemento de suspensión, e na base un espazo aberto utilizado como aplique.

Material: Metal

Tipoloxía: Elemento simbólico

Núm: 28

Obxecto: Mercurio

Cronoloxia: Séculos I-II

Descripción: Cabeza toucada con petasus (casco) alado moi desgastado, mostrando o rostro cos ollos e nariz marcados. Leva a clámide (manto) apoiada sobre o ombreiro esquerdo e caendo ata a altura dos xeonllos. A perna esquerda está rota á altura do xeonllo e a dereita no nocello. Nas mans portaría o marsupium (bolsa) e o caduceo (símbolo do comercio), símbolos do deus Mercurio.

Material: Metal

Tipoloxía: Elemento simbólico

Núm: 29

Obxecto: Torques

Cronoloxia: Séculos II-I a.n.e.

Descripción: Pequena vara maciza fundida en prata ou chumbo, de sección case circular e recuberta por láminas de ouro. Presenta unha banda ou orla ornamentada con incisións a modo de filetes radiais e un fino arame en forma de espiral que converxe nun glóbulo central.

Material: Metal

Tipoloxía: Adorno persoal

Núm: 3

Obxecto: Punta de lanza

Cronoloxia: Séculos V-II a.n.e.

Descripción: Punta de lanza de forma oxival con nervadura central.

Material: Metal/Bronce

Tipoloxía: Armas e ferramentas

Núm: 30

Obxecto: Moeda

Cronoloxia: 1157-1188

Descripción: Moeda acuñada durante o reinado de Fernando II de León na que se representa a translación do corpo do Apóstolo.
No anverso, león pasante á dereita e, tras el, vara terminada por unha cruz que corta a lenda + FERNANDVS REX ente grafilas de puntos.
No reverso, barca sobre a que aparece deitado á dereita o corpo do apóstolo Santiago, e aos seus pés as cabezas dos seus dous discípulos. No centro, vara terminada por unha cruz que corta a lenda S (ancti) IA-COBI entre grafilas de puntos.
Foto: Museo das Peregrinacións e de Santiago (Depósito da Xunta de Galicia)

Material: Metal/Vélaro

Tipoloxía: Moeda

Núm: 31

Obxecto: Ara

Cronoloxia: Séculos IV-V

Descripción: Altar de base troncocónica, remate triangular, cun triángulo refundido no centro, un pequeno focus non extremo superior e un pulvinus a cada lado. Baixo os dous rectángulos, inscrición na que se pode ler Deo Lari Bero Breo aram pos(ui ou uit) prol sae(ute).
Foto: Monika Perkovic, DAI Madrid

Material: Pedra/Granito

Tipoloxía: Elemento simbólico

Núm: 32

Obxecto: Alabastrón

Cronoloxia: Séculos V-IV a.n.e.

Descripción: Parte superior dun recipiente para conter líquidos, posiblemente perfume, decorado con liñas xeométricas en azul e marelo. Procede da illa grega de Rodas.

Material: Vidro

Tipoloxía: Recipiente

Núm: 4

Obxecto: Fíbula zoomorfa

Cronoloxia: Séculos I

Descripción: Fíbula realizada nun molde bivalvo na que se representan dous medios corpos de leóns duplicados en espello que presentan entre as patas dianteiras unha cabeza de guerreiro con casco e unha cabeza de bóvido, respectivamente. Non conserva a agulla.

Material: Metal/Bronce

Tipoloxía: Adorno persoal

Núm: 5

Obxecto: Moeda

Cronoloxia: 14-37 a.n.e.

Descripción: Denario acuñado baixo o reinado do emperador Tiberio. No anverso aparece representado o busto do emperador e no reverso figura unha representación da deusa Vitoria sentada.

Material: Metal/Prata

Tipoloxía: Moeda

Núm: 6

Obxecto: Brinco

Cronoloxia: Séculos II-III

Descripción: Pequena esfera oca unida ao sistema de suspensión mediante un fío enrolado que serve tamén para pendurala da orella. Presenta decoración no punto de unión entre o brinco e o sistema de suspensión.

Material: Metal/Ouro

Tipoloxía: Adorno persoal

Núm: 7

Obxecto: Fíbula

Cronoloxia: Séculos V-IV a.n.e.

Descripción: Fíbula do tipo navicella que presenta forma de embarcación típica do Mediterráneo. Non conserva a agulla.

Material: Metal/Bronce

Tipoloxía: Adorno persoal

Núm: 8

Obxecto: Askos

Cronoloxia: Século II a.n.e.

Descripción: Recipiente de pastas ocres con decoración xeométrica en tons avermellados. Posiblemente procede dunha olaría de Ebusus (actual Eivissa).

Material: Cerámica

Tipoloxía: Recipiente

Núm: 9

Obxecto: Landras

Cronoloxia: Séculos II-I a.n.e.

Descripción: Conxunto de landras carbonizadas atopadas nun dos espazos de almacenaxe do xacemento.

Material: Orgánico

Tipoloxía: Alimentación