A Lanzada
O comercio na Antigüidade: do Mediterráneo ao Atlántico
_Historia de las excavaciones
As primeiras noticias escritas sobre a importancia arqueolóxica da Lanzada débenselle ao ilustrado galego do século XVIII Frei Martín Sarmiento.
A finais da década dos corenta do século XX os traballos de apertura da estrada Portonovo-O Grove deixan ao descuberto unha serie de sepulturas e materiais arqueolóxicos que propician a realización das primeiras sondaxes, sen resultados positivos.
1952
Os traballos arqueolóxicos non darán comezo ata este ano, con escavacións sistemáticas nas que aparecen varias cabanas de planta circular e ovalada. Este mesmo ano, e debido á erosión natural do terreo, descóbrense varias sepulturas que serán escavadas en sucesivas campañas. Ata 1970 realízanse escavacións intermitentes centradas na zona habitacional e, sobre todo, na necrópole tardorromana.
1970-1979
Durante os anos 70, fóra de 1976, lévanse a cabo varias campañas de escavacións promovidas polo Museo de Pontevedra. En 1978 interrómpense os traballos no xacemento por mor da edificación de varias vivendas unifamiliares que supoñen a desaparición dos restos arqueolóxicos nesta zona.
1981 y 1983
Teñen lugar dúas intervencións de urxencia para recuperar dous enterramentos tardorromanos.
2010
Este ano retómanse as escavacións iniciadas no século pasado grazas a un convenio entre a Deputación de Pontevedra e o Incipit-CSIC dentro do proxecto de turismo accesible.
2016
A última campaña realizada ata o momento é deste ano, promovida pola Deputación de Pontevedra dentro dun proxecto de escavación, difusión, posta en valor e musealización no que actualmente está inmerso o xacemento.