Adro Vello
De factoría a mosteiro…?
_Historia de las excavaciones
1968
Primeiras escavacións arqueolóxicas pola Sección de Antropoloxía, Etnografía e Prehistoria do IEGPS.
1981-1989
Nove campañas de escavación por José Carro Otero. Nestas escavacións recuperáronse a moeda da Traslatio e unha ara dedicada a Deveros, máis de 200 tumbas e restos óseos.
2002
Escavacións promovidas pola Xunta de Galicia para definir os límites do xacemento arqueolóxico.
2013
Limpeza promovida pola Deputación de Pontevedra.
2016
Limpeza promovida pola Deputación de Pontevedra.
2017
Escavación promovida pola Universidade de Vigo na que se documentan 8 novos esqueletos. Extraéronse mostras de peixe para estudar os restos da factoría romana de salga e o tipo de pesca que se practicaba nesa época.
2022
Declaración BIC.