Castrolandín
A sociedade labrega
_Historia de las excavaciones
2000
Recuperación da «Festa dos fachos», prohibida nos anos 40.
2001
Limpeza consistente na corta do arboredo que ocultaba o castro. Cesión dos terreos á Asociación Amigos dos Castros, xermolo da Fundación Terra Termarum.
2004
Redacción do Plan Director.
2004-2008
Realización de diferentes sondaxes dentro do recinto amurallado que deixan ao descuberto varias estruturas habitacionais e de almacenaxe que nos permiten coñecer mellor a morfoloxía e o artellamento do espazo interior do recinto fortificado e a súa cronoloxía.
2009
Apertura dunha sondaxe fóra do recinto amurallado, a uns 20 metros da porta de acceso ao castro nun tramo de forte pendente. Documentouse por primeira vez a presenza de ocupación fóra da croa do castro. Traballos de conservación-restauración que afectan ao torreón e escaleiras de entrada ao castro.
2021
Esta intervención arqueolóxica, realizada grazas ao convenio entre a Deputación de Pontevedra e o Incipit-CSIC, centrouse na ampliación da sondaxe do 2009 aberta fóra do recinto principal do castro e permitiu ampliar os coñecementos sobre as relacións do poboado coa súa contorna.