null Historia de las excavaciones - Monte do Facho

Monte do Facho

De castro a santuario

_Historia de las excavaciones

1962-1963

Aparición das primeiras aras no monte.

1964

Recóllese no libro de rexistro do Museo Municipal Quiñones de León de Vigo o depósito das primeiras aras.

1970

Achado das aras pola familia Massó.

1971

Publicación por F. Bouza Brey, J. Mª. Álvarez Blázquez e E. Massó Bolibar de 15 aras que se depositaron no Museo Municipal Quiñones de León de Vigo.

1978

José Suárez Mariño, colaborador do Museo de Pontevedra, deposita 19 aras alí.

1994

Inclúese a epigrafía das aras no volume correspondente á provincia de Pontevedra do Corpus de Inscricións Romanas de Galicia.

2003

1.ª campaña de escavación centrada na zona do santuario e promovida polo Instituto Arqueológico Alemán de Madrid e o Concello de Cangas.

2004

2.ª campaña de escavación centrada nos arredores do santuario e a croa do castro. Intervención de conservación-restauración.

2005

3.ª campaña de escavación, que amplía o sector da campaña anterior na croa do castro, e apertura dun novo sector cara a onde se localizaría a entrada en campañas posteriores.

2006

4.ª campaña de escavación de ampliación do sector da intervención do ano anterior. Intervención de conservación-restauración.

2007

5.ª campaña de escavación centrada na zona de acceso ao poboado. Intervención de conservación-restauración.

2008

6.ª campaña de escavación, que amplía o sector anterior e pon ao descuberto un dos accesos ao poboado.

2010-2012

O Instituto Arqueológico Alemán de Madrid financia diferentes estudos centrados no santuario.

2013

Traballos de limpeza do monte promovidos pola Deputación de Pontevedra. Intervención de conservación-restauración. Declaración BIC.

2014

Traballos de limpeza do monte promovidos polo Concello de Cangas.

2015

Colocación das réplicas de 3 aras na súa posición orixinal.

2017

Traballos de limpeza do monte promovidos polo Concello de Cangas.

2018

Intervención arqueolóxica promovida pola Deputación de Pontevedra para a conservación-restauración do último sector escavado.

2019

Publicación do estudo de todas as aras aparecidas nas escavacións polo Instituto Arqueológico Alemán.