Castro de Troña
Saefes e oestrimnios
_Historia de las excavaciones
1900
Primeiras novas do xacemento co gallo da realización de obras no camiño de acceso á capela. Pouco despois lévanse a cabo as primeiras escavacións por Enrique Peinador Lines, afeccionado á arqueoloxía e propietario do Balneario de Mondariz.
1927-1930
Primeiros traballos con metodoloxía científica a cargo de Isidro Parga e os arqueólogos Florentino López Cuevillas e Luis Pericot, que traballaron baixo o patrocinio de Peinador. Os traballos afectaron ao sector leste da croa, que se corresponde coa primeira fase de ocupación do castro. Documentáronse máis de 30 estruturas. O primeiro día de traballo descóbrese o gravado serpentiforme.
1981-1996
Tras máis de 50 anos de abandono, retómanse as escavacións baixo a dirección de diferentes especialistas en arqueoloxía. Realízanse traballos de limpeza e consolidación, sendo un dos primeiros asentamentos deste tipo en Galicia nos que se levaron a cabo labores de restauración e posta en valor. Estas campañas de escavacións permiten ampliar os coñecementos sobre o xacemento e redefinir as súas cronoloxías. Efectúanse as primeiras datacións con radiocarbono (C-14). En 1989 aparece o lingote de amálgama aurífero baixo un lousado datado a finais do século I a. n. e. É un do cinco castros galaicos nos que se documentaron ata o momento este tipo de tortas. En 1991 aparece o fragmento de torques de ouro no recheo dunha casa datada no século I a. n. e. En 1995 principian os traballos de redacción do Plan Director.
2009
Declaración BIC.
2013
Traballos de limpeza e eliminación de especies invasoras promovidos pola Deputación de Pontevedra.