A Cabeciña
Do Bronce Final á Idade do Ferro
Información práctica
Cómo llegar
Para acceder ao castro debemos coller a estrada que vai dende Baiona ata a Guarda (C-550). Á altura do PK 66, fronte ao cámping, tómase a desviación á esquerda que nos leva ao xacemento, sinalizado como Miradoiro da Cabeciña e integrado dentro da Ruta Máxica de Oia.
Horarios
A visita é libre e gratuíta.
Accesibilidad
É posible chegar en coche ata cerca do xacemento e percorrer a pé unha pista de terra duns 300 metros
Recomendaciones
Agradecémosvos que durante a visita respectedes os restos arqueolóxicos. A súa conservación tamén depende de vós.
Moitas grazas pola vosa colaboración!
¡Lo que no te puedes perder!
Baiona (Baiona)
Vila mariñeira coñecida entre outras cousas por ser o primeiro porto europeo no que se anunciou a «descuberta do Novo Mundo» por parte de Alonso Pinzón, que capitaneaba a carabela Pinta. É posible visitar unha réplica desta carabela. Un paseo polo seu centro histórico transpórtanos á Idade Media. Paga a pena visitar a excolexiata de Santa María, a capela de Santa Liberata, o Hospital Sancti Spiritus ou a Virxe da Rocha, con espectaculares vistas á vila e ao Atlántico.
Real Mosteiro de Oia (Oia)
É o único mosteiro da orde de Císter á beira do océano Atlántico. Esta situación estratéxica permitiulle xogar un papel importante na defensa da costa. As súas orixes remóntanse ao século XII e dende aquela ten sufrido numerosas reformas e modificacións que configuraron o seu aspecto actual. O percorrido polo edificio é un itinerario pola súa historia e os seus personaxes. A visita guiada ao Mosteiro inclúe tamén a exposición permanente dos grafitos dos presos republicanos entre os anos 1937-1939 en que funcionou como campo de concentración.
Pozas de Mougás (Oia)
Piscinas naturais na Serra da Groba. O río Peito e os seus afluentes combinan a velocidade e a forza das súas fervenzas coa tranquilidade e paz das pozas. Forma parte do percorrido da Ruta Máxica de Oia.
Petróglifo de Auga dos Cebros (Oia)
É o único petróglifo coñecido na Europa Atlántica onde se representa unha embarcación de orixe mediterránea. A tal representación nun contexto atlántico é unha mostra das relacións que se establecen dende época prehistórica entre a cultura atlántica e a mediterránea.
Cabo Silleiro (Baiona)
O primeiro faro situado neste cabo inaugúrase en 1866. O faro actual é de 1924. Dende el pódese ver a 40 millas de distancia e a súa sirena escóitase a 200 millas. É un dos puntos principais de orientación dos navíos que navegan por estas augas. O faro non é visitable, pero paga a pena achegarse e visitar a contorna