A Lanzada

O comercio na Antigüidade: do Mediterráneo ao Atlántico

Información práctica

Cómo llegar

Como chegar

Hai dúas posibilidades:

– A 7 km de Portonovo (Sanxenxo), seguindo a estrada ao Grove pola costa (PO-308), o visitante encontrará o xacemento á súa esquerda.

— Dende a vía de alta capacidade VG-4.1, na rotonda en que finaliza, seguir as indicacións cara á esquerda e despois percorrer 1 km á beira da praia que lle dá nome ao xacemento. Este encóntrase á man dereita.

Horarios

O xacemento está aberto e ao aire libre, nunha incomparable paisaxe natural de dunas e praias, polo que a súa visita é aberta e gratuíta.

Accesibilidad

É accesible para persoas de mobilidade reducida.

Recomendaciones

Agradecémosvos que durante a visita respectedes os restos arqueolóxicos. A súa conservación tamén depende de vós.

Moitas grazas pola vosa colaboración!

Para máis información

trazas@trazasdepontevedra.gal

Servicios

  • Hoteles, cafeterías y restaurantes.
  • Escuelas de surf.
  • Transporte público.

¡Lo que no te puedes perder!

Praia da Lanzada (O Grove)

É unha das praias máis emblemáticas de Galicia. Ten unha extensión de máis de 2 km. Ideal para pasear ou practicar deportes acuáticos como o surf. Cerca dela atópase a zona intermareal de Umia-O Grove, de grande interese ornitolóxico.

Enlace web

Monte Siradella (O Grove)

É o punto máis alto da península do Grove e un miradoiro sobre a ría de Arousa e o océano Atlántico. Dende aquí podemos enxergar as illas Cíes, a illa de Ons e a enseada do Vao.

Enlace web

As Telleiras de Vilalonga (Sanxenxo)

O espazo Intermareal Umia-O Grove foi aproveitado durante centos de anos para a extracción de arxila sedimentada co fin de fabricar obxectos de cerámica, como ladrillos e tellas, nas denominadas «telleiras». A súa importancia foi clave no desenvolvemento económico da comarca ata que as novas enerxías, a competencia estranxeira e os novos materiais forzaron o peche ou a transformación de moitas destas fábricas.

Enlace web

Ermida de Nosa Señora da Lanzada ()

Foi construída no século XII-XIII e levantada sobre unha anterior, ligada á fortaleza de defensa da costa durante o século X. Testemuña de batallas durante a Idade Media é destruída polos Irmandiños no século XV e abandonada. Só se conserva o templo e as ruínas dunha das torres da fortaleza: a Torre da Lanzada. A capela é de estilo románico e consta dunha nave e unha ábsida semicircular. Destaca o rosetón da fachada principal, orientada ao mar e ao solpor. Arredor dela existen diversas lendas relacionadas co mar e rituais de fertilidade. O último domingo de agosto celébrase unha romaría multitudinaria en honor á Virxe.

Enlace web

Pazo de Quintáns (Sanxenxo)

O Pazo de Quintáns ou Pazo do Casal é propiedade do concello de Sanxenxo dende o 2006. A súa orixe remóntase a unha torre de finais da Idade Media que ocuparía o actual terreo do pazo. Tras a recente obra de rehabilitación, que recuperou o pazo, a capela, o hórreo e os terreos anexos, está previsto situar aquí o futuro Centro da Cultura Gastronómica do Salnés.

Enlace web