A Subidá
A metalurxia
Información práctica
Cómo llegar
Dende Marín, seguir as indicacións cara á Avenida do Exército e Mariña continuando pola avenida Alcalde José Río durante 750 metros. Dende aquí desviarémonos tomando a rúa da dereita cunha forte pendente durante 500 metros. O acceso ao castro atópase sinalizado á dereita, dende onde continuaremos a pé por un carreiro en zig-zag de forte pendente, que conta cun pasamáns para protexer e axudar ao visitante.
Horarios
Visita libre e gratuíta.
Accesibilidad
O camiño que sobe ao xacemento ten unha lixeira inclinación.
Recomendaciones
Agradecémosvos que durante a visita respectedes os restos arqueolóxicos. A súa conservación tamén depende de vós.
Moitas grazas pola vosa colaboración!
¡Lo que no te puedes perder!
Museo Municipal Manuel Torres (Marín)
Museo constituído polas obras doadas polo artista Manuel Torres, nacido en Marín. A súa ampla traxectoria abrangue case todas as disciplinas e correntes: paisaxes, bodegóns, retratos e gravados, ademais de numerosos debuxos e esculturas. O espazo tamén ofrece exposicións temporais. Ademais, é centro para actividades culturais.
Petroglifos de Mogor (Marín)
Coñecidos popularmente como os «labirintos de Mogor». Aínda sendo os máis reproducidos e analizados de toda Galicia, presentan un motivo atípico no conxunto da arte rupestre galega, coñecéndose só cinco exemplos máis co motivo do labirinto, todos eles situados na provincia de Pontevedra. Os petróglifos están nunha zona axardinada que intenta recrear un ambiente arqueolóxico. Existen pasarelas que posibilitan a súa visión dende o alto, sen ter que pisar as pedras nin os gravados. Estas estruturas forman parte do Centro de Interpretación dos Petróglifos de Mogor. Próximo a eles está a praia de Mogor.
Granxa de Briz (Parque dos Sentidos) (Marín)
Esta quinta era a antiga Granxa da Costa dos monxes do Mosteiro de Oseira (Ourense). Tras diferentes avatares históricos, en 1999 pasa a titularidade municipal e a ser denominada Finca de Briz. Hoxe en día é un lugar de recreo, lecer e pasatempo. Conta cunha zona de aventura, con lagos, tobogáns e xogos na natureza, unha lagoa natural e outra artificial, unha ladeira dos sentidos e un auditorio ao aire libre para concertos e espectáculos.
Pontevedra (Pontevedra)
Capital da provincia, posúe o segundo centro histórico máis importante de Galicia despois do de Santiago de Compostela. Foi galardoada a nivel internacional como unha das cidades europeas máis cómodas para vivir.