Adro Vello
De factoría a mosteiro…?
Información práctica
Cómo llegar
Dende San Vicente do Grove seguir as indicacións para a praia do Carreiro. A área escavada do xacemento atópase á man dereita da estrada.
Horarios
Visita libre e gratuíta dende o exterior do enreixado que circunda a área escavada.
Accesibilidad
Non é accesible, xa que o xacemento se atopa cercado e non é posible acceder ao interior.
Recomendaciones
Agradecémosvos que durante a visita respectedes os restos arqueolóxicos. A súa conservación tamén depende de vós.
Moitas grazas pola vosa colaboración!
¡Lo que no te puedes perder!
Con da Hedra (O Grove)
É o segundo punto máis alto do Grove, despois da Siradella. Dende este recanto é fácil albiscar parte das illas que forman o Parque Nacional das Illas Atlánticas: Cíes, Ons e Sálvora. Tamén algunhas das praias máis coñecidas da comarca, como son A Lanzada, Area da Cruz ou Raeiros.
Acuario do Grove (O Grove)
Espazo temático, científico e divulgativo. No seu percorrido polas profundidades do mar poderemos comprender e interpretar o ambiente e a cultura da tradición mariñeira de Galicia. Nel encóntranse representados os ecosistemas mariños das Rías Baixas e o Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Pedras Negras (O Grove)
A ruta de Pedras Negras percorre a costa de San Vicente do Mar entre natureza, pequenas calas e conxuntos rochosos. Arrinca do Porto Deportivo de Pedras Negras e finaliza na zona de Con Negro, á altura da antiga base militar. Neste punto é posible volver sobre os nosos pasos ou continuar a senda cara á batería de costa de Puerto Cuaces.
Lonxa do Grove (O Grove)
Na lonxa, xestionada pola confraría de pescadores San Martiño, é onde se produce a primeira venda dos produtos que o mar ofrece e que cada día extraen mariñeiros e mariscadoras da ría de Arousa. Pódese visitar de modo guiado, observando como chegan o peixe e marisco capturados ao longo do día, como se pesan e etiquetan e como se preparan para a poxa que se realiza pola tarde.
Museo da Salgadeira de Moreiras (O Grove)
Centro museístico situado nunha antiga fábrica de salga e onde se mostran a vida e os traballos do mundo da pesca en Galicia, tales como o proceso de salga, as artes de pesca e o marisqueo, as conservas, a arte de facer nós e cordas, a carpintería de ribeira e os aparellos de navegación.