Alto da Cruz do Castro

A volta aos castros

Información práctica

Cómo llegar

O xacemento está sinalizado dende o núcleo principal de Cotobade. Localízase no curuto dun outeiro situado ao leste da igrexa de Carballedo.

Horarios

Entrada libre e gratuíta.

Accesibilidad

Non é accesible para persoas con mobilidade reducida, xa que hai que realizar un tramo a pé de pendente pronunciada.

Recomendaciones

Agradecémosvos que durante a visita respectedes os restos arqueolóxicos. A súa conservación tamén depende de vós.
Moitas grazas pola vosa colaboración!

Para máis información

trazas@trazasdepontevedra.gal

¡Lo que no te puedes perder!

Muíño da Igrexa (Cerdedo-Cotobade)

O municipio é famoso polos seus canteiros, que traballaban a pedra, o que se ve reflectido na súa arquitectura tradicional, camiños empedrados ou pontes. Destaca a abundancia de muíños, canles de auga e lavadoiros grazas aos ríos que atravesan o municipio,  como o Almofrei, o Lérez e o Barbeira. O muíño atópase a escasos metros do xacemento, continuando por un camiño tradicional.

Enlace web

Conxunto gravados ruspestres de Fentáns (San Xurxo de Sacos)

É unha área arqueolóxica formada por preto de trescentos gravados ao aire libre. Unha das estacións máis coñecidas é a Pedra das Ferraduras, onde está representado un dos mellores exemplos de pegadas de cérvidos e bóvidos que se conservan.

Enlace web

Observatorio Astronómico de Cotobade ()

Xestionado pola Asociación Sirio, promove actividades relacionadas co mundo da astronomía, como charlas didácticas para o manexo de telescopios, reloxos de sol e outros instrumentos astronómicos. Conta coa última tecnoloxía e cun planetario provisto dunha cúpula de 4 metros de diámetro.

Enlace web

Monte Seixo ()

Entre A Lama e Cerdedo-Cotobade, este monte es particularmente rico en formacións xeolóxicas creadas polo xeo, a auga e mais o vento. Hai lugares como o de Portalén, preto da capela de Santa Mariña do Seixo, onde este fenómeno orixinou insólitos puntos de apoio entre as penas e que a cultura popular converteu en lugar de rito.

Enlace web

As Neveiras de Fixó (Forcarei)

O conxunto está formado por dúas neveiras de planta circular, semellantes a un pozo e de grandes dimensións. Estaban en uso no século XVIII e eran explotadas polos monxes do mosteiro de Aciveiro. Nos seus inicios, empregábanas para uso propio, pero posteriormente estableceron un activo comercio de neve para a conservación de alimentos e mesmo para uso médico. Forman parte da ruta que conduce ata a aldea abandonada de Grovas.

Enlace web