Castro de Penalba
Do profano ao sagrado
Información práctica
Cómo llegar
Dende o núcleo urbano de Campo Lameiro, tomar a estrada PO-221 en dirección a Moraña e Cuntis. A 2,5 km, nunha curva pechada, colleremos un desvío á esquerda. Seguiremos durante 1 km ata chegar á área recreativa de Santo Antoniño de Penalba, que atoparemos á man esquerda.
Horarios
Visita libre e gratuíta.
Accesibilidad
A contorna é accesible, salvo a subida á Pedra da Serpe.
Recomendaciones
Agradecémosvos que durante a visita respectedes os restos arqueolóxicos. A súa conservación tamén depende de vós.
Moitas grazas pola vosa colaboración!
Para máis información
¡Lo que no te puedes perder!
Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro (Campo Lameiro)
A visita ao parque arqueolóxico inclúe o acceso a tres espazos diferentes. A exposición permanente, situada no Centro de Interpretación e Documentación, a área arqueolóxica en si, na que destacan conxuntos como Laxe dos Carballos, Outeiro dos Cogoludos ou Laxe da Forneiriña, e a reconstrución dun poboado do Bronce Final.
Este conxunto artístico incorporouse recentemente ao patrimonio cultural europeo a través do Itinerario Cultural Europeo, CARP, Camiños de Arte Rupestre Prehistórica, asociación amparada polo Consello de Europa que agrupa practicamente a todos os grandes destinos turísticos europeos baseados na prehistoria.
Mosteiro de Acibeiro (Forcarei)
O mosteiro é unha xoia do románico da provincia de Pontevedra. Fundouse no século XII; os primeiros monxes que chegaron foron bieitos e, entre os séculos XII e XIII, engadiuse a Orde do Císter. Por iso a súa arquitectura non segue estritamente o estilo cisterciense. É un do sete primeiros mosteiros que existiron na diocese de Compostela.
A Lapa de Gargantáns (Moraña)
Monumento megalítico formado por unha gran pedra alongada e fincada verticalmente no chan. Presenta gravados en forma de cazoletas e serpentiformes. A súa función delimitadora estaría relacionada na prehistoria con elementos funerarios, rituais ou espaciais, xa que nos seus arredores conflúen diferentes liñas naturais de tránsito.
Laxe da Rotea de Mendo (Campo Lameiro)
O motivo principal deste conxunto de petróglifos é a figura dun gran cervo macho, probablemente a maior de toda a arte rupestre galega, representado en posición parada, coa cabeza ergueita e a boca aberta coma se estivese a emitir o característico son da brama. Hai unha ruta que une este petróglifo co Castro de Penalba.
Curro de Sabucedo (A Estrada)
O curro de Sabucedo acolle no mes de xullo a celebración da Rapa das Bestas, que ten a finalidade de levar a cabo as tarefas de desparasitación interna dos animais, mellorando as condicións hixiénico-sanitarias dos cabalos salvaxes. O curro é o recinto onde se leva a cabo a rapa.