Castro de Troña
Saefes y oestrimnios
Información práctica
Cómo llegar
Dende Ponteareas, seguir as indicacións cara á PO-254, dirección Mondariz, e cerca do punto quilométrico 3,5, xusto antes de chegar ao lugar de Pías, seguir a sinalización cara á dereita que indica a dirección cara ao castro.
Horarios
O xacemento está aberto e ao aire libre, polo que a súa visita é aberta e gratuíta.
Accesibilidad
É accesible, con limitacións para persoas de mobilidade reducida.
Recomendaciones
Agradecémosvos que durante a visita respectedes os restos arqueolóxicos. A súa conservación tamén depende de vós.
Moitas grazas pola vosa colaboración!
Para máis información:
¡Lo que no te puedes perder!
Castelo de Sobroso (Mondariz)
A fortaleza medieval de Sobroso levántase sobre un promontorio rochoso na ladeira do monte Landín. Os seus muros foron testemuña de numerosas batallas, intrigas e loitas de poder entre familias nobres e foi lugar de paso de reis, raíñas, trobadores, peregrinos ou camiñantes. Alberga entre as súas paredes historias, segredos e lendas que a súa musealización pon ao descuberto para darnos a coñecer a historia do castelo e dos seus habitantes.
Mondariz-Balneario (Mondariz-Balneario)
Este concello, o máis pequeno de Galicia, concentra múltiples marabillas patrimoniais, históricas e naturais. O balneario, referente termal en Europa dende finais do XIX, ofrécenos augas terapéuticas e mineromedicinais. Nos seus arredores atopamos lugares para perderse, pasear e desconectar, como as ruínas do xardín do antigo Gran Hotel, a fonte da Gándara, a fonte de Troncoso ou os paseos polo río Tea.
Museo Municipal de Ponteareas (Ponteareas)
Este museo, situado nunha antiga fábrica de curtidos, permítenos coñecer a historia de Ponteareas e a súa comarca. Aquí están expostos algúns dos materiais arqueolóxicos do castro de Troña (Ponteareas) ou algúns bronces romanos recuperados no Coto de Altamira ou Taboexa (As Neves), xunto con outros materiais procedentes de xacementos da comarca. Tamén hai unha sección dedicada á festa do Corpus Christi e ás súas alfombras florais, un dos signos de identidade da vila. E un último apartado no que se presentan personaxes nacidos aquí e que destacaron en diferentes eidos da vida política, social e cultural.
Monte da Picaraña ()
No Alto da Picaraña dispoñemos dun miradoiro dende onde se enxerga unha vista panorámica da comarca do Condado e o Castelo de Sobroso. É este un lugar de devoción dende tempos remotos onde se celebran grandes romarías. Un espazo cargado de certa maxia e misticismo. A lenda conta que aquí estivo situada a fortaleza que mandou construír Pedro Madruga para vixiar o castelo de Sobroso.
Senda do río Tea ()
Senda fluvial de máis de 17 km que discorre paralela ao río Tea. Ao longo de todo o percorrido pódese gozar do ecosistema do LIC Río Tea, así como do patrimonio cultural, praias fluviais e áreas recreativas.