Castrolandín

A sociedade labrega

Información práctica

Cómo llegar

No centro de Cuntis, seguindo a estrada N-640 en dirección A Estrada, no cruzamento regulado por semáforos, desviámonos á dereita ata atopar un sinal que indica a dirección ao xacemento. Dende esta estrada, tomaremos dous desvíos sinalizados, primeiro á esquerda e logo á dereita, ata visualizar á esquerda, a 1 km, a explanada de estacionamento e o cartel de benvida ao castro.

Horarios

O xacemento está aberto e ao aire libre, polo que a súa visita é aberta e gratuíta. Pódense solicitar vistas guiadas na Fundación Terra Termarum.

Accesibilidad

É accesible con limitacións para persoas de mobilidade reducida.

Recomendaciones

Agradecémosvos que durante a visita respectedes os restos arqueolóxicos. A súa conservación tamén depende de vós.

Moitas grazas pola vosa colaboración!

Para máis información:

trazas@trazasdepontevedra.gal

¡Lo que no te puedes perder!

Fundación Terra Termarum Castrolandín (Cuntis)

Centro de Interpretación do xacemento arqueolóxico de Castrolandín e Taller de Investigación e Recuperación da cerámica castrexa.

A Fundación ten como obxectivo difundir o coñecemento da cultura castrexa mediante a posta en valor do xacemento arqueolóxico de Castrolandín. Ademais, entre as súas actividades realizan obradoiros de cerámica e promoven a recuperación da celebración da festa de San Xoán, que se celebra no propio castro a noite do 23 ao 24 de xuño.

Enlace web

Burgas y Termas de Cuntis (Cuntis)

Existen un total de 19 burgas que percorren o solo da vila termal de Cuntis, aínda que só dúas están abertas ao público:

Burga da Rúa Real, situada na Rúa do Balneario. A temperatura da auga anda polos 53 ºC.

Burga Lume de Deus, situada na Praza de Galicia. A temperatura da auga anda polos 59 ºC.

Ademais das súas propiedades terapéuticas, están cualificadas como «augas minerais medicinais Sulfurado-Sódicas-Termais», que alivian as doenzas de tipo reumático, respiratorio e incluso cutáneo.

Enlace web

Carballeira de Vilameán (Cuntis)

Próxima á casa reitoral de San Fins de Estacas e á igrexa parroquial, esta enorme carballeira centenaria, outrora coñecida como «a tomada do cura», esténdese entre valados tradicionais e camiños empedrados. Nas proximidades localízase o viacrucis que, dende a igrexa parroquial, sobe cara ao monte, e o pombal e o canastro da casa reitoral.

Enlace web

Monte Xesteiras (Cuntis)

É un alto situado no concello de Cuntis de 716 metros de altura que limita cos concellos da Estrada e Valga, dominando as comarcas de Ulla-Umia e Tabeirós.

No monte Xesteiras pódense encontrar recantos singulares, entre os que destaca o Alto das tres Laguiñas, ou outros elementos como o curro de Xesteiras en Couselo, a Pedra da Aguia, as canteiras de Xesteiras e a Pedra dos Soldados.

Dende o máis alto pódense observar as Rías Baixas, a desembocadura do río Ulla, a zona de Santiago de Compostela, onde sobresae o Pico Sacro, e outras comarcas limítrofes.

Enlace web

Fervenza das Campaíñas (Cuntis)

Nas proximidades de Castrolandín localízase a Fervenza das Campaíñas.

O rego da Patela xunta as augas que baixan dos montes Cabalar, Sebil e Fental no concello de Cuntis. O río encáixase nun pequeno val e salva ata 200 metros de desnivel dende o lugar de Fuxacos, formando saltos de auga e freixas en todo o seu traxecto, entre as que destaca esta de Campaíñas.

Enlace web