Coto de Altamira

Do mundo galaico ao mundo romano

Información práctica

Cómo llegar

Dende As Neves, dirixirémonos pola estrada de Ponteareas (PO-415) ata o lugar de Fontiñas, na parroquia de Santiago de Tortoreos. Alí colleremos unha desviación á dereita que indica Santa María de Taboexa (EP-4202). Dende a igrexa parroquial, proseguiremos a pé, xa que o castro se sitúa ao leste desta, nun alto chamado Coto de Altamira.

Horarios

Visita libre e gratuíta.

Accesibilidad

Non é accesible para persoas de mobilidade reducida debido á pendente do camiño de acceso.

Recomendaciones

Agradecémosvos que durante a visita respectedes os restos arqueolóxicos. A súa conservación tamén depende de vós.

Moitas grazas pola vosa colaboración!

Para máis información:

trazas@trazasdepontevedra.gal

¡Lo que no te puedes perder!

Centro de Interpretación do Patrimonio Cultural de Taboexa (As Neves)

Ten como función favorecer un ambiente para a aprendizaxe creativa, dando a coñecer ás xeracións actuais o significado do legado cultural e histórico da zona.

Conta cunha exposición permanente sobre os bens patrimoniais de maior relevancia de Taboexa: castros, petróglifos, igrexa, capelas, cruceiros, petos de ánimas ou muíños de auga.

Enlace web

Miradoiro de San Nomedio (Arbo)

Miradoiro con extensas vistas a San Fins (Arbo), o norte de Portugal e as comarcas do Condado e A Paradanta. No alto do miradoiro hai unha modesta capela dedicada a san Nomedio e, xusto ao pel dela, sitúase unha área recreativa. Todos os anos se celebra unha romaría que conserva a tradición de xantar no monte ao mediodía.

Enlace web

The Pesqueiras (traditional stone fishing weirs) of Arbo (Arbo)

Ancient and unique stone constructions situated on both sides of the River Miño and still used today to catch lamprey. They form a part of the fluvial landscape on the final stretch of the river. A Lamprey Route exists to stress the value of the main ethnographic, natural, gastronomic and cultural resources associated with this fish. The route can be complemented by a visit to the Wine and Lamprey Interpretation Centre, which tells of the extraordinary historical association of Arbo’s inhabitants with wine and lamprey.

Enlace web

Santuario da Nosa Señora da Franqueira (A Cañiza)

Un dos santuarios máis antigos de Galicia, herdanza da vida monacal, que conserva as esencias da piedade popular. A orixe do mosteiro remóntase ao século X, do que só sobreviviu a igrexa. O actual data do século XIV. No século XIX o mosteiro cisterciense é abandonado para se converter, tras algunhas reformas, na igrexa parroquial actual. Pola súa antigüidade e orixinalidade, as romarías da Franqueira están consideradas de interese turístico.

Enlace web

Serradoiro dos Carranos (Covelo)

É un serradoiro que utiliza a forza motriz da auga para mover a serra e que foi construído sobre 1922. Recibe auga do río Vixiáns, no que se instalou unha pequena presa para aproveitar a forza hídrica. A nora que podemos ver hoxe en día é a terceira que se monta e ten un diámetro de máis de 6 metros. Está enmarcado na Ruta PRG-95 Sendeiro dos Carranos.

Enlace web