Igrexa Vella
Lugares da memoria
Información práctica
Cómo llegar
Dende Valga, seguir as indicacións cara á N-550, dirección Pontecesures, e continuar ata a rotonda pola PO-548, dirección Vilagarcía de Arousa. Tomar o desvío á esquerda que indica CEPX Ferro Couselo, igrexa de Santa Comba de Louro, Tanatorio Municipal e Pavillón de Deportes. Despois de pasar o colexio, xusto en fronte do tanatorio municipal, está a senda que conduce directamente ao xacemento.
Horarios
Visita libre e gratuíta.
Accesibilidad
É accesible a través dunha pista de lastros que chega ao xacemento dende o sueste.
Recomendaciones
Agradecémosvos que durante a visita respectedes os restos arqueolóxicos. A súa conservación tamén depende de vós.
Moitas grazas pola vosa colaboración!
Para máis información
¡Lo que no te puedes perder!
Museo da Historia de Valga (Valga)
O museo pretende divulgar o patrimonio natural e a historia do Concello de Valga, así como a figura da súa veciña máis ilustre, Agustina Carolina Otero Iglesias, máis coñecida como La Bella Otero. Historia, arte, xeografía e etnografía fan deste museo unha visita de grande interese cultural.
Capela dos Mártires (Valga)
A súa construción orixinal realizouse en época paleocristiá entre os séculos IV e V. Posteriormente, foi ampliada durante o s. XII en estilo románico, conservando parte do seu aspecto primitivo, borrado definitivamente nas reformas posteriores. Nos arredores, case enterrado entre a vexetación, atópase un sartego medieval.
Fervenza de Raxoi e muíños de Parafita (Valga)
Nunha contorna natural de enorme interese paisaxístico, formada polo paso das augas do río Valga, localízanse a fervenza, as pozas e o muíños, rodeados dunha mesta vexetación autóctona. Accédese por pasarelas e escaleiras de madeira.
Petróglifo da Pedra da Serpe (Valga)
Entre o Monte dos Penucos e o Monte dos Salgueiros atópase un gravado prehistórico en forma de varias liñas en zig-zag que poderían representar serpes relacionadas no pasado con ritos de fecundidade.
Monte Beiro ()
Dende o monte divísase unha fermosa panorámica que inclúe o val do Ulla na súa desembocadura formando a ría de Arousa, a Serra do Barbanza e os seus contrafortes, os montes de Oleiron, Meda ou Xesteiras. O piñeiral de repoboación mostra esparexidas corenta especies de árbores distintas, constituíndo o chamado Itinerario Botánico Forestal. No alto sitúase un muíño de vento. Forma parte do Ecomuseo de Valga, integrado por unha rede de lugares de interese natural da que tamén forman parte tamén as fervenzas do río Valga, a lagoa Mina Mercedes e a praia fluvial de Vilarello.