Mercado dos Mouros
A vida á beira dun río
Información práctica
Cómo llegar
Dende Valga, seguir as indicacións cara á N-550, dirección Pontecesures, e continuar uns 1,75 km ata a rotonda e continuar pola PO-548. Tras pasar o lugar da Torre (1,5 km) chegamos a outra rotonda e collemos a saída da dereita ata cruzar a vía do tren por un paso elevado. Continuar pola estrada paralela á vía uns 1,85 km e saír á dereita, onde unha pista recentemente acondicionada nos conduce ata o xacemento, que se atopa á beira do río.
Horarios
Visita libre e gratuíta.
Accesibilidad
Cómpre ter coidado en épocas de choivas, xa que os terreos se alagan debido á proximidade do xacemento ao río.
Recomendaciones
Agradecémosvos que durante a visita respectedes os restos arqueolóxicos. A súa conservación tamén depende de vós.
Moitas grazas pola vosa colaboración!
Para máis información
¡Lo que no te puedes perder!
Torres de Oeste (Catoira)
Na Idade Media, este enclave foi un dos fortes máis importantes de Galicia. Controlaba o tránsito fluvial do río Ulla e foi clave na defensa da cidade compostelá. Actualmente consérvanse os restos de dúas torres e mais a capela. Nos seus arredores, de gran beleza paisaxística, rememóranse acontecementos vividos co desembarco viquingo o primeiro domingo de agosto.
Lagoa Mina Mercedes (Valga)
É unha antiga explotación de arxila a ceo aberto destinada á fabricación de ladrillo e reconvertida en lagoa. Dispón dun pantalán flotante e todo o seu perímetro está acondicionado para dar longos paseos e gozar da natureza e tranquilidade do lugar. Forma parte do Ecomuseo de Valga, integrado por unha rede de lugares de interese natural da que tamén forman parte as fervenzas do río Valga, o monte Beiro e a praia fluvial de Vilarello.
Monte Xiabre ()
A contorna conta con numerosas rutas e miradoiros que permiten coñecer todo o seu patrimonio histórico-paisaxístico. É o punto máis elevado da comarca do Salnés, dende onde podemos gozar dunha vista panorámica da ría de Arousa e as súas bateas.
Muíños de Vento de Abalo (Catoira)
No cume do monte Abalo atópanse os muíños de vento construídos a finais do século XIX, únicos en Europa polo seu dobre sistema de aspas. O lugar en que están ofrece unhas espectaculares vistas da ría de Arousa e da desembocadura do río Ulla, así como da Lagoa de Pedras Miúdas.
Igrexa de Setecoros (Valga)
Templo de orixe barroca con profundas reformas neoclásicas no século XIX como, por exemplo, a súa fachada. O campanario actual é aínda máis recente, xa que se construíu en 1910. No entanto, Setecoros constitúe un rexistro do paso do tempo dende o período denominado tardorromano ata o día de hoxe. Nos arredores da igrexa, podemos descubrir un fermoso e importante oliveiral con máis de 800 oliveiras.