Monte do Castro
A fin dunha cultura
Información práctica
Cómo llegar
Hai diferentes posibilidades, todas elas debidamente sinalizadas. As máis sinxela é dende Barrantes (Ribadumia), tomando a estrada EP-9305, dirección Mosteiro (Meis). A 2,5 km á man dereita atópase o sinal que indica o xacemento, collendo a EP-9504 en dirección a Besomaño. A un 2,5 km, pasada a igrexa parroquial de Besomaño, atoparemos á man esquerda unha pista asfaltada con sinais indicativos. A 50 metros encontraremos unha ampla zona de aparcamento e o acceso ao castro.
Horarios
O xacemento está aberto e ao aire libre, polo que a súa visita é aberta e gratuíta.
Accesibilidad
É accesible, con limitacións para persoas de mobilidade reducida.
Recomendaciones
Agradecémosvos que durante a visita respectedes os restos arqueolóxicos. A súa conservación tamén depende de vós.
Moitas grazas pola vosa colaboración!
Para máis información
¡Lo que no te puedes perder!
Ruta da Pedra e da Auga (PR-G 170) ()
É un dos catro sendeiros da rede de Rutas do Salnés. É un antigo camiño que daba servizo aos muíños e era usado polos romeus o luns de Pascua para chegar ao mosteiro de Santa María de Armenteira. Discorre ao longo do río Armenteira e permítenos gozar do patrimonio natural e cultural atravesando frondosos bosques, fervenzas, máis de 30 muíños, a Aldea Labrega ou o Serradoiro do Souto, cunha inusual serra de auga, para rematar no mosteiro de Armenteira.
Muíños do Batán (Ribadumia)
Ruta etnográfica e natural polo río Batán. Destacan os catro muíños construídos en desnivel para aproveitar a forza da auga para o seu funcionamento. Están todos restaurados, e nun deles é onde se representa o moenda na Festa do Pan do Salnés. As augas do río e as canles dirixen a auga de muíño en muíño ata desembocaren na praia fluvial.
Mosteiro de Armenteira (Ribadumia)
Antiga abadía de fundación cisterciense. Da época da súa construción só se conserva a igrexa mandada edificar polo seu primeiro abade en 1167, na que destaca o seu gran rosetón calado. Na actualidade o resto do edificio é o resultado de diferentes estilos arquitectónicos como o renacentista, barroco e neoclásico. Viven nel unha pequena comunidade de monxas cistercienses que se encargan do seu mantemento. Conta con hospedería.
Miradoiro e castelo de Monte Lobeira (Vilanova de Arousa)
O miradoiro, coñecido como o Balcón de Arousa, álzase a case 300 metros de altura no municipio de Vilanova de Arousa, coa súa aba norte en Vilagarcía de Arousa, o que permite ter unhas espectaculares vistas á ría de Arousa. No ascenso ao miradoiro podemos contemplar os restos do antigo castelo, que pertenceu ao arcebispo de Santiago de Compostela e que se alzaba na cima en época medieval e moderna para controlar o tráfico marítimo, ata que foi abandonado e destruído.
Cambados (Cambados)
Vila mariñeira, coñecida como a capital do viño albariño, onde se celebra a Festa do Albariño, Festa de Interese Turístico Nacional. Conta cun incomparable conxunto histórico-artístico, entre o que destacan o pazo e a praza de Fefiñáns, as ruínas de Santa Mariña, a torre de San Sadurniño ou o barrio mariñeiro de Santo Tomei. Forma parte da Ruta do Viño Rías Baixas. Nos restaurantes da zona pódense degustar as especialidades locais e os peixes e mariscos procedentes da lonxa de Cambados.