null Itineario - Castro Alobre

Castro Alobre

Duración aproximada: 30 minutos

1. As estruturas da Idade do Ferro

É o principal das construcións existentes na área visitable. Presentan as típicas plantas, circulares e ovaladas, dos poboados galaicos da Idade do Ferro. Non existe unha única fase de ocupación deste espazo, por iso moitas destas estruturas presentan reformulacións ou reformas arquitectónicas. A existencia en moitas delas de lareiras leva a pensar que se trata de casas. Nelas documentáronse numerosos fragmentos de cerámica de cociña, mesa, almacenaxe ou transporte, obxectos de metal como fíbulas ou moedas e muíños de pedra.
 

 

2. El Concheiro

Actualmente só se pode ver unha «testemuña» do concheiro, que ocupaba case todo o espazo escavado. Os «concheiros» son vertedoiros, grandes acumulacións de cunchas, ósos, fragmentos de cerámica etc. que achegan datos moi importantes para coñecer a dieta dos habitantes dos castros, como aproveitaban os recursos mariños ou incluso as relacións comerciais que mantiñan. As especies aquí documentadas foron mexillón, ameixa, ostra, berberecho, navalla, lapa, pancho, sargo, maragota, faneca, robaliza, sardiña, vaca, ovella, cabra, porco e cervo.

 

3. Un hipocausto romano

Un hipocausto (en latín, hypocaustum) é un sistema de calefacción dun edificio que produce e fai circular aire quente por baixo do chan, quentando as paredes cunha serie de tubos polos que pasa ese mesmo aire quente. Os restos conservados forman parte deste sistema: a cimentación do chan e a cámara de combustión o praefurnium. Non entanto, o resto de elementos foron desmontados. Cronoloxicamente é unha edificación anterior ao século III.

 

4. Houbo aquí unha igrexa?

Este é o punto máis alto do xacemento, a croa ou acrópole. As escavacións aquí realizadas non deixaron ao descuberto restos arqueolóxicos; no entanto, entre estes «bolos» graníticos existiu unha igrexa dedicada a San Vicente fundada no século X, polo menos é o que recolle a documentación histórica. A súa localización no punto máis alto do xacemento ten que ver co proceso de cristianización que se levou a cabo en moitos castros de Galicia.

 

5. O pequeno xardín botánico

Chamado Parque Botánico de Enrique Valdés Bermejo. A orixe deste parque remóntase aos anos trinta do século XX, cando os Duques de Terranova e de Medina de las Torres decidiron converter parte do terreo da súa residencia particular nun xardín con gran variedade de especies exóticas. Algúns das súas árbores están catalogadas como únicas, por iso está considerado como unha das xoias ambientais do concello de Vilagarcía de Arousa.

 

¡Lo que no te puedes perder!

Vilagarcía de Arousa (Vilagarcía de Arousa)

A cidade costeira máis grande da ría de Arousa. O municipio localízase na comarca do Salnés, fronte a Rianxo (A Coruña), na costa oposta da ría de Arousa. Atravésao o pequeno río Con, que forma parte da súa identidade e historia. Esta vila é ademais sede dun importante porto marítimo, comercial e deportivo, activo dende mediados do século XIX. Conta con extensas praias con bandeira azul, natureza e parques, con rutas de sendeirismo,  como a Sarmiento ou as de Cortegada, e pazos cargados de historia dignos de visitarse.

Enlace web

Illa de Cortegada (Isla de Cortegada)

Pertencente ao Parque Nacional de Illas Atlánticas , alberga o maior bosque de loureiros de toda España, que conviven con árbores centenarias de especies arbóreas autóctonas como carballos, piñeiros ou salgueiros. As ruínas dunha antiga ermida e un cruceiro forman parte desta fermosa paraxe que foi habitado no pasado, creando un ambiente máxico e misterioso. Cando baixa a marea, emerxe das augas o antigo Camiño do Carro, un carreiro que permite acceder a pé á illa e que era utilizado noutros tempos para transportar cargas

Enlace web

Torre de Cálogo (Vilanova de Arousa)

A torre é o único resto que queda en pé do antigo Mosteiro de San Cipriano de Cálogo, fundado no século VIII. A torre, de planta cadrada e sen ningunha ornamentación, foi construída coa finalidade de defender as costas galegas dos ataques dos barcos invasores. O mosteiro foi destruído por ataques normandos nos séculos IX e X.

Enlace web

Casa Valle-Inclán (Vilanova de Arousa)

O museo está situado no Pazo Cuadrante, declarado Monumento Histórico-Artístico en 1976 por ser a casa natal do escritor.vinculada á familia de Valle-Inclán. O museo, de iniciativa municipal, foi inagurado o 25 de maio de 2002 en 1986; recolle parte da obra de Valle-Inclán e outras publicacións relacionadas coa súa vida; ademais de mostrar como era a casa familiar, un ambiente típico dun pazo de mediados do século XIX.

Enlace web

Illa de Arousa ()

É o concello máis recente de Galicia (creado en 1995) e o único insular. Accédese a esta illa a través dunha ponte inaugurada en 1985 de case 2 km de longo e que permitiu dinamizar a economía insular. Declarada Reserva Natural grazas ao seus 36 km de costa, dos que 11 son de praia. Os lugares de maior interese son: o Faro de Punta Cabalo, o Illote Areoso con restos megalíticos, o Parque Natural de Carreirón, o porto de Xufre, os peiraos de Campo e Cabodeiro e o miradoiro O Con do Forno, no punto máis alto da illa.

Enlace web