Mitos e lendas de Castro de Alobre (Vilagarcía de Arousa)
Un túnel que agocha…
Conta a lenda que un túnel unía o castelo de monte Lobeira co Pazo de Vistalegre, e mesmo hai quen di que a saída do pasadizo desembocaba no Montiño, onde se localiza o castro.
Esta lenda sitúa a raíña Urraca en Vilagarcía de Arousa. A gruta baixo o afloramento rochoso garda relación con este túnel, zona de reunión e fuxida dos ladróns da vila. Este penedo situado nun dos extremos do castro usouse durante anos como base para a cruz que en tempos coroaba este simbólico lugar. Disque esta cruz lembraba o asasinato dun neno despois de que varios ladróns o perseguisen polo misterioso túnel antes referido.