Mitos e lendas de Mercado dos Mouros (Valga)
Cal é a orixe deste topónimo?
Este sitio é coñecido como Agro de Chan ou Agroxas polos veciños e veciñas, que relatan unha lenda relacionada con este espazo. Segundo afirma un deles, familiares seus de tres xeracións atrás dicían que a zona se coñecía como Agro de Xaz e que alí tiñan un «mercado os mouros», eses seres míticos que poboan o folclore asociado a todos os xacementos arqueolóxicos galegos. De aí o nome co que se popularizou o xacemento: Mercado dos Mouros.