null Mitos y leyendas - Monte do Castro

Mitos e lendas de Monte do Castro (Ribadumia)

Por que é santa esta pedra?

A «Pedra da Santa» está situada nun punto estratéxico e elevado do castro. A súa orientación cara ao solpor pódese asociar coa agricultura ou o cambio das estacións.

Na base desta rocha sobresaían unha sorte de chazos naturais, e na parte alta localizábase unha especie de pía de auga. É posible que estivese relacionada con cerimonias ou rituais vencellados aos ciclos solares, xa que o sol incide de maneira diferente segundo a estación do ano.

Nas noites de lúa chea…

Outra lenda do castro fálanos dunha galiña de ouro con cinco ou sete pitiños que pasea pola croa do castro as noites de lúa chea.