null Mitos y leyendas - Santa Trega

Mitos e lendas de Santa Trega (A Guarda)

«…a pastora pediulle á santa que volvese chover…»

O Castro de Santa Trega é un lugar máxico envolto en misterios e lendas que nos transportan ao pasado.

Unha destas lendas versa arredor da santa que lle dá nome ao monte. Disque Santa Trega se lle apareceu a un pastora no século XIV, durante unha tempada de gran seca que se cre que mesmo chegou a secar o río Miño. Esta pastora pediulle á santa que volvese chover e ela contestoulle que todo o pobo debía subir en procesión ao monte e gardar xaxún durante tres días. Tal se fixo e a choiva tornou pouco tempo despois.

​En agradecemento creouse o santuario, e o último sábado de agosto ten lugar a Procesión do Voto seguindo o viacrucis. Na actualidade esta procesión cambiouse polo Rito do Voto, no que só poden participar homes, porque se rumoreaba que hai anos tiña alí lugar outro tipo de achegamento entre homes e mulleres afastado do verdadeiro obxectivo do rito.