Do profano ao sagrado
O Coto ou Castro de Penalba localízase nunha área que presenta unha gran concentración de gravados de arte rupestre. Está situado nun lugar elevado con numerosos afloramentos graníticos. No seu cumio consérvase a Pedra da Serpe, un petróglifo asociado a rituais de fecundidade.
O castro foi nas súas orixes un asentamento estable do Bronce Final, cunha economía agrícola e recolectora, que nun momento determinado foi destruído por un incendio. Inmediatamente despois do incendio iniciouse a reconstrución do poboado empregando novos métodos construtivos, propios xa da paisaxe fortificada.
Neste segundo momento levántase o sistema defensivo do poboado cun muro de cachotería de granito construído con pedras de varios tamaños, cun paramento exterior organizado en fiadas irregulares e un recheo de pedras.
Dentro do espazo habitacional destaca a obra de acondicionamento realizada, con muros de contención sobre os cales se dispoñen superficies chas nas que se levantaron diversas cabanas circulares sobre zócolos de cachotería.
Entre os achados sobresae un puñal afalcatado feito en ferro de orixe mediterránea.
No século XVIII o monte vólvese reocupar coa construción da capela de santo Antón, posiblemente construída sobre os restos dunha capela anterior relacionada coa cristianización do xacemento.
Un lugar elevado
Este castro localízase nun lugar elevado da paisaxe, enclave típico dos inicios da Idade do Ferro. Esta ubicación le permite controlar y dominar el valle medio del río Lérez, fuente de recursos, pero también lugar de llegada de amenazas externas que podían afectar a la estabilidad y prosperidad de los habitantes del poblado.