null Yacimiento - Castro de Toiriz

Un castro de lenda

Poboado fortificado da Segunda Idade do Ferro que presenta unha ocupación continuada dende o século IV a. n. e. ao século I.

O xacemento consta dun recinto principal de forma tendente á circularidade, un «antecastro» e unhas impoñentes defensas compostas por un gran parapeto e un foso.

É un bo exemplo para coñecer as defensas dos poboados da Idade do Ferro do noroeste e o seu control e dominio visual do territorio, pero non para coñecer máis detalles, posto que nunca foi escavado.

O val do río Toxa

Localízase sobre un esporón que controla gran parte do val do río Toxa, cun extenso dominio visual da zona.

Dende aquí contrólanse castros veciños cos que os antigos poboadores de Toiriz puideron establecer vencellos sociais e económicos. Cara ao sur domina o val de Tabeirós e as Terras do Deza.