Educatrazas

Neste apartado, os profesores e profesoras de primaria e secundaria atoparán materiais educativos para organizar visitas aos xacementos arqueolóxicos máis destacados da provincia de Pontevedra.
Tedes á vosa disposición:
— As guías para profesorado, que inclúen material para realizar actividades antes, durante e despois da visita.
— Os cadernos do alumnado, para que poidan aprender e resolver interrogantes durante a visita aos xacementos arqueolóxicos.