Museos e Centros de Interpretación

Casa Valle-Inclán - Vilanova de Arousa

Casa Valle-Inclán

O museo está situado no Pazo Cuadrante, declarado Monumento Histórico-Artístico en 1976 por ser a casa natal do escritor.vinculada á familia de Valle-Inclán. O museo, de iniciativa municipal, foi inagurado o 25 de maio de 2002 en 1986; recolle parte da obra de Valle-Inclán e outras publicacións relacionadas coa súa vida; ademais de mostrar como era a casa familiar, un ambiente típico dun pazo de mediados do século XIX.

CastroDeza - Lalín

CastroDeza

Situado na planta baixa do Concello de Lalín, é un espazo de dinamización turístico-cultural. Está concibido como un museo virtual da cultura castrexa onde se dan cita lendas, castros e gastronomía.

Centro Arqueolóxico da Caeira - Poio

Centro Arqueolóxico de A Caeira

O Centro Arqueolóxico da Caeira atópase no Casal de Ferreirós, unha antiga vivenda de construción rural de alto rango social rehabilitada, que forma parte do patrimonio do Concello de Poio, e onde tamén se sitúa a oficina de información turística. O centro conta cunha sala de exposición permanente, con paneis que contan a historia do descubrimento dos petróglifos da Caeira, e informan sobre a arte rupestre da Idade do Bronce; tamén conta cunha sala de proxección e video.

Centro Arqueolóxico de Tourón - Ponte Caldelas

Centro Arqueológico de Tourón

Situada en pleno corazón do Concello de Ponte Caldelas a Área Arqueolóxica de Tourón atesoura un dos complexos de arte rupestre ao aire libre máis singulares do territorio galego.

Un enorme xacemento arqueolóxico con máis de 150.00 metros cadrados de extensión ofrece a posibilidade de visitar cinco estacións rupestres con gravados, nunha ruta de gran beleza paisaxística. Conta cun pequeno centro de interpretación que enriquece a visita, no seu interior atopase instalada unha exposición permanente adicada a presentar a vida cotidiana das sociedades que viviron neste lugar durante o III e II milenio a. C.

Centro Cultural Municipal “Manuel Lamazares” - Rodeiro

Centro Cultural Municipal “Manuel Lamazares”

Neste museo hai diferentes mostras de arte. A sala principal está marcada pola historia do mesmo municipio como as casas Rodeiro ou restos arqueolóxicos descubertos na zona. A segunda recolle obxectos relacionados coa artesanía tradicional. E na última das salas, hai unha colección permanente do artista José Luis Vázquez Vázquez, tamén coñecido como Vila-Seca, que inclúe un total de 47 pinturas doada polo pintor e pertencentes a diferentes etapas

Centro de Interpretación do Patrimonio Cultural de Taboexa - As Neves

Centro de Interpretación del Patrimonio Cultural de Taboexa

Ten como función favorecer un ambiente para a aprendizaxe creativa, dando a coñecer ás xeracións actuais o significado do legado cultural e histórico da zona.

Conta cunha exposición permanente sobre os bens patrimoniais de maior relevancia de Taboexa: castros, petróglifos, igrexa, capelas, cruceiros, petos de ánimas ou muíños de auga.

Centro municipal de Interpretación do Mundo Romano (CIMR) - Vigo

Centro municipal de Interpretación del Mundo Romano (CIMR)

No Centro de Interpretación do Mundo Romano (CIMR) do Concello de Vigo, anexo ao xacemento arqueolóxico municipal da vila romana de Toralla, poderá achegarse ao coñecemento do pasado romano da cidade de Vigo.

Fundación Terra Termarum Castrolandín - Cuntis

Fundación Terra Termarum Castrolandín

Centro de Interpretación do xacemento arqueolóxico de Castrolandín e Taller de Investigación e Recuperación da cerámica castrexa.

A Fundación ten como obxectivo difundir o coñecemento da cultura castrexa mediante a posta en valor do xacemento arqueolóxico de Castrolandín. Ademais, entre as súas actividades realizan obradoiros de cerámica e promoven a recuperación da celebración da festa de San Xoán, que se celebra no propio castro a noite do 23 ao 24 de xuño.

Museo da Historia de Valga - Valga

Museo de la Historia de Valga

O museo pretende divulgar o patrimonio natural e a historia do Concello de Valga, así como a figura da súa veciña máis ilustre, Agustina Carolina Otero Iglesias, máis coñecida como La Bella Otero. Historia, arte, xeografía e etnografía fan deste museo unha visita de grande interese cultural.

Museo da Salgadeira de Moreiras - O Grove

 Museo da Salgadeira de Moreiras español (España) Traductor

Centro museístico situado nunha antiga fábrica de salga e onde se mostran a vida e os traballos do mundo da pesca en Galicia, tales como o proceso de salga, as artes de pesca e o marisqueo, as conservas, a arte de facer nós e cordas, a carpintería de ribeira e os aparellos de navegación.

Museo de Pontevedra - Pontevedra

Museo de Pontevedra

Creado en 1927 pola Deputación Provincial para continuar o labor da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, da que herdou unha extraordinaria colección de obras de arte e documentos, o Museo de Pontevedra reúne na actualidade máis de 16.000 pezas entre pinturas, esculturas, debuxos, gravados, obxectos arqueolóxicos, moedas, instrumentos musicais, mobles, xoias, etc. Os seus fondos abarcan desde a Prehistoria e Antigüedad ata o século XX, ademais de contar con fondos de numismática, artes decorativas, etnografía e naval.

Museo do Mar - A Guarda

Museo do Mar

Este museo sitúase nun edificio construído en 1997 e que recrea unha antiga fortaleza defensiva de planta circular, unha atalaia, situada no porto e que foi derrubada en 1945. As pezas nel expostas buscan dar a coñecer a tradición e vida mariñeira da vila da Guarda, por iso as persoas visitantes poderán contemplar as antigas artes de pesca, os aparellos empregados ou os testemuños dalgunhas destas xentes do mar recollidos en audiovisuais.

Museo do Mar de Galicia - Vigo

Museo del Mar de Galicia

Situado nunha antiga fábrica de conservas de Vigo, a de Alcabre-Molino de Viento (1887), atópase o Museo do Mar de Galicia , deseñado polo arquitecto italiano Aldo Rossi e o galego César Portela. En 14.000 m2, este centro aberto ao público en 2002 conta cun xardín, cinco naves rehabilitadas, unha praza, un edificio de nova planta, un porto no que se sitúa o acuario e o faro como fiel compañeiro do océano Atlántico.

Museo etnográfico Casa do Patrón - Lalín

O Museo Etnográfico Casa do Patrón é unha exposición con máis de 2.000 m2 distribuídos en tres edificios, no que se expoñen máis de 4.500 pezas recollidas ao longo e ancho de toda a xeografía galega. Pequenos apeiros de gran historia e auténticos símbolos de Galicia do últimos tres séculos, o que o converte no maior Museo de Etnografía de toda a comunidade de Galicia. Dispón de trece salgas temáticas de exposición, onde se poden observar as antigas escolas, pasando polos hábitos de vida dos nosos devanceiros, oficios esquecidos, unha taberna típica de aldea, forno de leña tradicional, etc

Museo MASAT - A Guarda

Museo MASAT

O que foi o primeiro museo arqueolóxico de Galicia atópase situado nunha localización estratéxica, na cima do monte Trega, unha impoñente atalaia de 341 metros de altitude que ofrece espectaculares vistas, nun ángulo de 360 graos, da fronteira natural entre Galicia e Portugal que debuxa o río Miño na súa desembocadura.

Museo Massó - Bueu

Museo Massó

Sitúase nas naves industriais da antiga conserveira Massó Hermanos, nas proximidades do porto de Bueu. O museo embárcanos na aventura da conquista do mar e das grandes expedicións marítimas, ofrecéndonos unha experiencia de coñecemento sobre a explotación dos recursos do mar a través da industria de salgas, das conservas e das factorías baleeiras.

Museo Municipal de Ponteareas - Ponteareas

Este museo, situado nunha antiga fábrica de curtidos, permítenos coñecer a historia de Ponteareas e a súa comarca. Aquí están expostos algúns dos materiais arqueolóxicos do castro de Troña (Ponteareas) ou algúns bronces romanos recuperados no Coto de Altamira ou Taboexa (As Neves), xunto con outros materiais procedentes de xacementos da comarca. Tamén hai unha sección dedicada á festa do Corpus Christi e ás súas alfombras florais, un dos signos de identidade da vila. E un último apartado no que se presentan personaxes nacidos aquí e que destacaron en diferentes eidos da vida política, social e cultural.

Museo Municipal Manuel Torres - Marín

Museo Municipal Manuel Torres

Museo constituído polas obras doadas polo artista Manuel Torres, nacido en Marín. A súa ampla traxectoria abrangue case todas as disciplinas e correntes: paisaxes, bodegóns, retratos e gravados, ademais de numerosos debuxos e esculturas. O espazo tamén ofrece exposicións temporais. Ademais, é centro para actividades culturais.

Museo Municipal Quiñones de León - Vigo

O Museo Municipal Quiñones de León, situado no antigo pazo de Lavandeira, naceu froito da doazón do marqués de Alcedo en 1924. De entrada libre e gratuíta, alberga unha sección de arte con máis de 1.500 obras de pintura, escultura, debuxo, estampa e artes aplicadas; e dispón de materiais de gran número de xacementos tanto de Vigo coma de Galicia e doutras partes da península. Os seus fondos son de extraordinario interese para coñecer a historia da cidade olívica desde o século XV ata os nosos días.

Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro - Campo Lameiro

Parque Arqueológico del Arte Rupestre de Campo Lameiro

A visita ao parque arqueolóxico inclúe o acceso a tres espazos diferentes. A exposición permanente, situada no Centro de Interpretación e Documentación, a área arqueolóxica en si, na que destacan conxuntos como Laxe dos Carballos, Outeiro dos Cogoludos ou Laxe da Forneiriña, e a reconstrución dun poboado do Bronce Final.

Este conxunto artístico incorporouse recentemente ao patrimonio cultural europeo a través do Itinerario Cultural Europeo, CARP, Camiños de Arte Rupestre Prehistórica, asociación amparada polo Consello de Europa que agrupa practicamente a todos os grandes destinos turísticos europeos baseados na prehistoria.

Pazo de Liñares - Lalín

Pazo do século XVII que acolle o Centro de Xestión do Coñecemento Arqueolóxico (Deputación de Pontevedra), o Museo Galego da Marioneta e do Xoguete (Imaxina, Concello de Lalín) e a Sala Loriga, referente da aviación española.

Petroglifos de Mogor - Marín

Petroglifos de Mogor

Coñecidos popularmente como os «labirintos de Mogor». Aínda sendo os máis reproducidos e analizados de toda Galicia, presentan un motivo atípico no conxunto da arte rupestre galega, coñecéndose só cinco exemplos máis co motivo do labirinto, todos eles situados na provincia de Pontevedra. Os petróglifos están nunha zona axardinada que intenta recrear un ambiente arqueolóxico. Existen pasarelas que posibilitan a súa visión dende o alto, sen ter que pisar as pedras nin os gravados. Estas estruturas forman parte do Centro de Interpretación dos Petróglifos de Mogor. Próximo a eles está a praia de Mogor.

Salinae. Centro Arqueolóxico do Areal - Vigo

Salinae. Centro arqueológico del arenal

O Centro Arqueolóxico do Areal convida a realizar un interesante percorrido para coñecer a historia da única salina mariña de evaporación solar conservada e musealizada de todo o Imperio Romano. Este centro permítenos entender o funcionamento dunha instalación salinera e como os romanos producían o sal na superficie das cubetas. A exposición ofrece ademais a posibilidade de descubrir o interesante mundo do sal, a súa historia, algún dos sistemas empregados para a súa obtención, e os diferentes usos que os romanos lle deron a este importante produto. Está xestionada polo Museo do Mar de Galicia