Sobre Trazas

«Trazas de Pontevedra» é unha iniciativa do Ministerio de Fomento e a Deputación de Pontevedra que ten como fin poñer en valor os xacementos arqueolóxicos galaico-romanos da provincia. O proxecto confórmano dezasete xacementos que constitúen unha colección de bens de alto interese científico, turístico e socioeconómico. A súa recuperación e valorización concibíronse de maneira integral, potenciando o eixo que representan como estratexia de promoción turística provincial.

Dende o punto de vista científico preténdese unha comprensión conxunta da dinámica socioeconómica da provincia e de Galicia na antigüidade, contribuíndo a eliminar a idea de rexión e cultura marxinais, así como dar unha explicación do artellamento territorial que se prolonga dende a Idade do Ferro ata a época romana.

No ámbito turístico, a iniciativa trata de ampliar a oferta cultural de calidade desestacionalizada da temporada turística, á vez que se realiza unha operación de índole socioeconómica recuperando espazos públicos patrimoniais que sexan capaces de activar a vida cultural dos municipios e, nalgúns casos, de contribuír a paralizar o despoboamento.

Cada un dos xacementos adscritos a este proxecto está asociado de forma particular a un determinado aspecto da cultura castrexa ou romana, de tal maneira que no seu conxunto sexan capaces de ofrecer unha visión panorámica dos valores culturais do noso legado histórico. En definitiva, «Trazas de Pontevedra» trata de proporcionar novos elementos de identificación que conecten a cidadanía co seu pasado e que expliquen a transformación histórica do noso territorio, dende as épocas remotas da prehistoria ata a actualidade. 

Membros

  • Deputación de Pontevedra
  • Ministerio de Fomento do Goberno de España
  • Concello de Oia
  • Concello de Sanxenxo
  • Concello de Marín
  • Concello do Grove
  • Concello de Cotobade
  • Concello de Tui
  • Concello de Vilagarcía de Arousa
  • Concello de Campo Lameiro
  • Concello de Silleda
  • Concello de Ponteareas
  • Concello de Cuntis
  • Concello das Neves
  • Concello de Valga
  • Concello de Ribadumia
  • Concello de Cangas
  • Concello da Guarda

Colaboradores

  • CXCA-Lalín
  • Incipit-CSIC
  • MASAT
  • Museo das Peregrinacións 
  • Museo de Ponteareas
  • Museo de Pontevedra
  • Universidade de Santiago de Compostela
  • Comunidade de Montes de Noalla
  • Comunidade de Camposancos
  • Comunidade de Mougás
  • Comunidade de Taboexa
  • Comunidade de Hío
  • Parque Natural Monte Aloia