Trazas no mundo

As comunidades galaico-romanas estaban conectadas co mundo. O mar foi unha vía conectora fundamental que permitiu a conexión co norte e co sur.

Trazando contextos

O noroeste é un espazo dinámico e permeable dende a Idade do Bronce, con contactos cos pobos do Atlántico e do Mediterráneo. Esta área do noroeste non era un «Fisterra»; estaba integrada en circuítos comerciais e comunicada co mundo dende hai máis de 2500 anos.

Aquí chegarán produtos procedentes da costa atlántica francesa, do sur da Península Ibérica, norte de África (actuais Marrocos e Tunes), Illas Baleares, Sardeña ou a Península Itálica, mais tamén persoas, ideas e crenzas.

A Ruta dos Fenicios

Este roteiro, da que forma parte a Deputación de Pontevedra desde o 2014, é un Itinerario Cultural do Consello de Europa que demostra, mediante unha viaxe polo espazo e o tempo, como o patrimonio dos diferentes países e culturas de Europa contribúe a un patrimonio cultural compartido e vivo.

O roteiro inclúe 18 países diferentes e é unha invitación para viaxar e descubrir o patrimonio fenicio e dos pobos que tiveron contacto con eles en todo o Mediterráneo e tamén nalgún punto da costa atlántica peninsular.