Trazas en terras de interior
Descubre as pegadas do pasado entre vales e montañas que albergan unha verde paisaxe transformada e modelada durante séculos pola acción e o traballo de homes e mulleres.
_Lugares para visitar
Visita xacementos no interior da provincia entre fragas, montañas e terras de cultivo. Descubre recantos naturais, fervenzas, mosteiros, pazos, muíños ou lugares que foron testemuñas de loitas contra os viquingos.
Festas
Se podes escoller as datas da túa visita, infórmate das festas máis populares, protagonizadas polos produtos da terra procedentes da agricultura e a gandería, mais tamén por tradicións ancestrais como a Rapa das Bestas.
Festa da Augardente de Campo Lameiro
Última fin de semana de xuño
Experiencias
Elixe a túa experiencia: dende realizar deportes de aventura como rafting, puenting ou parapente e practicar sendeirismo ata contemplar as estrelas dende observatorios astronómicos.