Trazas entre ríos
Nun territorio polo que discorre o río máis longo de Galicia procurando a súa unión co océano Atlántico, atoparás xacementos que controlan e dominan a paisaxe modelada polo río Miño.
_Lugares para visitar
Visita xacementos en espectaculares enclaves que dominan a desembocadura do río Miño ou extensos vales aluviais. Descubre recantos naturais, vilas, catedrais e lugares de fronteira.
Festas
Se podes escoller as datas da túa visita, infórmate das festas máis populares, protagonizadas polos produtos do mar ou das fértiles terras próximas ao río, mais tamén polas crenzas ou o acervo relixioso.
Experiencias
Elixe a túa experiencia: dende navegar por un río e facer rafting ou sendeirismo ata degustar unha lamprea ou relaxarte nun balneario.