null Itineario - Coto de Altamira

Coto de Altamira

Duración aproximada: 35 minutos

1. Un viacrucis entre iglesias

Ata a capela, que se sitúa nunha das terrazas que compoñen o xacemento, chegaba un viacrucis que, dende a igrexa de Taboexa, ascendía ata o alto. Aínda se conserva algunha cruz enteira e restos doutras que estaban chantadas ao longo do camiño de lousas que marcaba o traxecto. Xunto á capela de san Bertomeu e aos pés do castro consérvase unha cruz que probablemente formase parte dun calvario onde remataría o viacrucis.

 

2. La Ermita de San Bartolomé

Capela de estilo barroco. Foi construída na terceira década do século XVIII. É unha ermida de planta rectangular, na que destaca a fachada. Esta presenta unha estrutura sinxela, porta con lintel debaixo dun frontón curvo que acolle un nicho con cuncha de vieira onde se supón que estaría o santo. Por riba del unha xanela, e arriba unha vieira que remata o conxunto. Unha espadana cun campanario acabado en pináculos sitúase na parte máis alta. Flanquean a porta principal dúas figuras labradas que representan espigas que piden por unha boa colleita. A romaría celébrase cada 24 de agosto.


 

3. Las cabañas circulares

As primeiras escavacións realizadas no Coto de Altamira ou Castro de Taboexa leváronse a cabo no ano 1929. Posiblemente nestas primeiras campañas se documentase algunha das estruturas que se poden ver aquí. Son tres construcións de planta circular, realizadas en pedra e cimentadas directamente sobre o substrato granítico do lugar. A súa funcionalidade é difícil de determinar debido ao seu estado de erosión, pero a existencia de portas leva a pensar que se trataría de casas.

Xa nesta ocasión se descobren un peite, pesas de teares, lucernas de bronce e fíbulas. En 1953 interveñen Filgueira Valverde e Alfredo García Alén, que sacan á luz varias moedas e diversas pezas, como figuras de cabezas de animais (vaca, can, porco), cerámica e unha ánfora con cinzas brancas. Con todo, o obxecto descuberto máis importante foi unha figuriña de 12 cm de bronce que representa o deus romano Mercurio, figura que hoxe se atopa no Museo de Pontevedra.


 

4. La croa

Grandes estruturas romanas…? Durante todas as campañas de escavación levadas a cabo neste xacemento documentáronse un abundante número de obxectos arqueolóxicos. De entre todos eles destacan a figura de dous togados e unha imaxe do deus romano Mercurio, aínda que non se coñece exactamente o lugar de aparición. A existencia de estruturas rectangulares e de grande envergadura, como as que se adiviñan na croa, fai pensar que estas pezas procederían dun obradoiro ou santuario aí localizado.


 

5. Los petroglifos

Na croa ou acrópole do castro, nun afloramento localizado cara ao suroeste, sitúase un gravado rupestre, posiblemente da Idade do Bronce. Nel aparecen representados un círculo e unha profusa combinación de cazoletas ou «coviñas». Hai referencias a outros gravados no xacemento, pero a acción dunha canteira nos anos 50 seguramente contribuíu á súa desaparición. A existencia de gravados no castro non é de estrañar, pois nas inmediacións existe unha importante concentración de gravados rupestres, entre os que destaca unha representación dun équido, única nesta zona de Pontevedra.


 


 

¡Lo que no te puedes perder!

Petroglifos de Monte Tetón ()

Conjunto de grabados que se agrupan en dos estaciones principales en los que se incluye un repertorio iconográfico compuesto de cazoletas, formas cuadrangulares, figuras animales y humanas y, sobre todo, impresionantes combinaciones de círculos concéntricos.

Enlace web